Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben a estudantes de turismo da UDC
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co tenente alcalde, Rubén Arroxo, recibiron a un grupo de estudantes do grao de Turismo da UDC. A concelleira Maite Ferreiro explicou o traballo realizado nos últimos anos polo Goberno de Lugo en materia turística “posicionando a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza, o que nos permitiu que na campaña deste verán case duplicaramos os datos previos á pandemia”.
Maite Ferreiro destacou que "o aumento de persoas que se achegan á cidade é froito da campaña Lugo Km 100, que está posicionando o noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade, poñendo en valor o patrimonio histórico e a ampla programación cultural coa que contamos", e afirmou que “Lugo é o mellor destino para fuxir das masificacións e desfrutar dunha gran cantidade de patrimonio cunha programación cultural ampla e diversa”.
As e os estudantes da UDC realizaron unha visita ao Vello Cárcere e ao resto da cidade acompañados polo guía turístico Guido Álvarez, onde coñeceron a historia da cidade.