Rubén Arroxo participa no encontro municipal do BNG
LugoXa
O Portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou esta mañá na mesa redonda "Política municipal do BNG.
17 Out 2021
O voceiro do BNG e tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou na mesa redonda Política municipal do BNG, gañar país desde os concellos, que se organizou no marco do encontro de política municipal do BNG.
Arroxo compartiu mesa coa alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, Sandra González, alcaldesa de Tomiño e coa responsábel de política municipal do BNG, Eva Vilaverde.
A xornada incluíu un espazo de debate cos portavoces do BNG nas distintas institucións e coa presenza da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.