Rubén Arroxo pon en valor as obras no Carril dos Loureiros

LugoXa
O proxecto, elaborado polo Goberno de Lugo, inclúe a renovación de todos os servizos soterrados, a instalación de novas zonas verdes e o mobiliario urbano
Carril-dos-Loureiros-Lugo
19 Mar 2025

O Goberno local de Lugo continúa co desenvolvemento das obras de peonalización do Carril dos Loureiros, no barrio de Recatelo, un proxecto que busca mellorar a calidade de vida dos veciños e converter este espazo nun lugar máis accesible e sostible.

Así o destacou o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, quen afirmou que este barrio se atopa nunha "situación estratéxica", entre a Muralla e o Parque de Rosalía, pero que, durante anos, "non se puxo en valor".

O proxecto de peonalización do barrio iniciouse entre 2020 e 2023, e en 2021 xa se retirou un carril da Ronda da Muralla preto de Recatelo. Ademais, este ano acometeuse a rehabilitación do muro de Frai Plácido Rei Lemos, coa construción dunha rampla accesible para conectar Recatelo coas costas do parque.

Actualmente, trabállase na mellora do Carril dos Loureiros, un proxecto que foi acordado coa veciñanza co obxectivo de completar as obras nesta zona.

O proxecto, elaborado polo Goberno de Lugo, inclúe a renovación de todos os servizos soterrados, a instalación de novas zonas verdes e o mobiliario urbano, así como o alumeado público, avanzando tamén na implantación de puntos de luz LED de baixo consumo.

Estas obras buscan maximizar a eficiencia e minimizar o impacto sobre a veciñanza, mellorando o entorno e a accesibilidade do barrio de Recatelo para todos os cidadáns.

⚙ Configurar cookies
0.10301685333252