Rubén Arroxo prensenta un novo bus para a rede de transporte público

LugoXa
Rubén Arroxo, presentou un novo bus que se unirá á flota da rede de transporte público municipal, avanzando na renovación da mesma
Ruben arroxo buses
26 Out 2022

O Tenente Alcalde e responsáble da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou un novo bus que se unirá á flota da rede de transporte público municipal, avanzando na renovación da mesma. ”Continuamos a traballar na renovación da flota de buses urbanos, avanzando na inclusión de buses con baixas emisións e clasificación como vehículos ecolóxicos”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

O novo bus presentado, modelo ISUZU Citybus utiliza un derivado do petróleo como combustible, o que permite reducir nun 8% as emisións de CO2 e nun 30% as emisións de óxidos de nitróxeno.

Rubén Arroxo declarou que a área de Mobilidade está traballando en "transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental”.

En canto á accesibilidade, os dous novos vehículos incorporan un renovado sistema Kneeling, que permite baixar a altura do autobús para facilitar a subida das usuarias. Ademais, conta con rampla para persoas con mobilidade reducida e unha praza para cadeira de rodas, e portos USB para a carga de dispositivos electrónicos.

O novo bus, que percorrerá a liña 5.2, conta en total con 74 prazas, divididas en 20 asentos, 53 persoas de pé e unha praza para persoas con mobilidade reducida.

0.16801905632019