Rubén Arroxo reúnese con Olga Louzao, portavoz de ciudadanos, en relación a remodelación da Fonte dos Ranchos

LugoXa
Rubén Arroxo e Olga Louzao manteñen unha xuntaza para tratar a remodelación da Fonte dos Ranchos proposta por ciudadanos
Reunion Ruben Arroxo Ciudadanos
17 Out 2022

O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza coa portavoz de Cidadáns, Olga Louzao, para tratar a proposta presentada no último pleno municipal relativa á remodelación da Fonte dos Ranchos. Arroxo afirmou á saída da xuntanza que “desde o Goberno de Lugo estudaremos incluír esta solución nos orzamentos do ano 2023”.

O Tenente Aclalde destacou que ”esta zona comunica unha das principais entradas a Lugo a través da N-VI, acollendo unha gran cantidade de tráfico cada día”. Arroxo anunciou que “estudaremos unha solución que permita mellorar a seguridade viaria nesta zona, avanzando na recuperación de espazos para as persoas, cun tráfico calmado, na liña do traballo que levamos realizando desde a área de Mobilidade durante todo o mandato”.

Arroxo afirmou que a área de Mobilidade estudará a proposta presentada polo grupo municipal de Cidadáns, “unha proposta interesante para continuar a mellorar a cidade”, e engadiu “desde o Goberno estudamos todas as propostas achegadas pola oposición e pola veciñanza traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao tamén valorou o encontro mantido esta mañá co responsable de Infraestruturas "celebramos a vontade de dotar a este proxecto dunha partida orzamentaria. É necesario unha planificación xeral do tráfico rodado para evitar o colapso da cidade de cara ás novas peonalizacións que se acometerán dentro do casco histórico nos vindeiros anos. O noso proxecto da Fonte dos Ranchos enmárcase nun plan para axilizar o tráfico no eixo norte-sur e no eixo este-oeste. A supresión dos semáforos nesta zona permitirá reducir os tempos de desprazamento."

0.073364019393921