Rubén Arroxo será o candidato do BNG de cara ás eleccións municipais do 2023

LugoXa
Rubén Arroxo foi elexido na asamblea de hoxe como o candidato do BNG de cara ás eleccións municipais do 2023
Ruben Arroxo Portada
27 sep 2022

A asemblea local do BNG escolleu a Rubén Arroxo como candidato á alcaldía de cara ás eleccións de 2023. O actual portavoz municipal e Tenente Alcalde do Concello de Lugo foi o único aspirante a liderar a lista electoral do BNG para o concello de Lugo e manifestou o seu agradecemento a todas as persoas que lle deron o seu apoio sinalando que “nestas eleccións imos a por todas,  en Lugo hai moitas persoas que acreditan no traballo serio e construtivo do BNG que executamos estes últimos anos desde o goberno municipal, co cal estamos cambiando Lugo”.

Arroxo puxo o traballo executado desde a Tenencia de Alcaldía nos últimos anos como exemplo das políticas municipais do BNG, e afirmou que “aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Lugo continúe a avanzar, como outras moitas vilas e cidades nas que o BNG encabeza o goberno municipal”. “O BNG está no seu mellor momento histórico, contamos con experiencia e imos traballar para presentar a mellor candidatura para Lugo por que sabemos o que este concello precisa e un proxecto político serio para Lugo”, afirmou Arroxo.

Rubén Arroxo destacou o carácter democrático do BNG, e lembrou que no ano 2015, o BNG foi escollida como a organización política máis democrática segundo o estudo realizado pola iniciativa +democracia. “Isto demóstrase con procedementos como a escolla da candidatura a unhas eleccións, onde se da a voz e voto a toda a militancia".

BNG Asamblea portada
0.15863585472107