Rubén Arroxo visita o barrio da Cheda para valora as actuacións que aínda son precisas

LugoXa
O Concello realizou diferentes actuacións no barrio da Cheda onde o tenente alcalde, Rubén Arroxo, a concelleira de Participación, Cristina López, e o concelleiro de Educacion, Felipe Rivas, estiveron esta mañá para valorar as actuacións que aínda son precisas.
4 Jan 2023

O Concello realizou diferentes actuacións no barrio da Cheda onde o tenente alcalde, Rubén Arroxo, a concelleira de Participación, Cristina López, e o concelleiro de Educacion, Felipe Rivas, estiveron esta mañá para valorar as actuacións que aínda son precisas.

Arroxo explicou que "hai obras pendentes e o Concello xa acometeu o arranxo integral da rúa Pousadela ata a ronda do Carme, o pintado da sinalización horizontal, o asfaltado da rúa Río Sar e outras actuacións neste barrio". As intervencións neste barrio complementan outras obras feitas en diversos barrios da cidade como Albeiros, As Gandaras, Castelo, etc...

Rubén Arroxo fixo fincapé no arranxo recente de infraestruturas, elementos de sinalización e instalación de mobiliario urbano e engadiu "hai obras necesarias para o barrio xa están licitadas e adxudicadas e que en breve se escutarán". Arroxo evidenciou que as obras se executarán dende a Área de Infraestruturas que depende da Tenencia de Alcaldía e que son reclamadas por todo o vecindario. Rubén Arroxo e Cristina López aproveitaron a visita para falar con veciños e veciñas do barrio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17945599555969