Rubén Arroxo visitou a obra de desdobramento no Polígono das Gándaras

LugoXa
Rubén Arroxo visitó las obras de desdoblamiento en el Polígono de las Gándaras que están prácticamente terminadas.
ruben arroxo obras seguridade gandaras
17 Dec 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o avance dos traballos que se están a levar no polígono das Gándaras. Estas obras foron destinadas a aumentar a seguridade viaria e a maniobrabilidade na zona. A avenida que conecta a nova fase erá unha obra necesaria para a nova instalación de empresas e a creación de emprego grazas á instalación de novas empresas. Rubén Arroxo lembrou que "procuramos aumentar a seguridade da vía e a fluidez do tráfico con respecto ao modelo anterior aproveitando o espazo para vehículos en polígonos industrias".

Os traballos consistiron en aproveitar mediana para novos carríles de circulacion, pasando dos 11 metros a 5. Con isto permitiuse habilitar os novos carriles de circulación de 3 metros de ancho. Rubén Arroxo explicou que "isto permitirá, unha vez o novo carril entre en funcionamento, mellor a fluidez do tráfico e máis maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que en conxunto producirá un aumento da seguridade vial na contorna".

"Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha maior demanda das empresas que xa están asentadas e que ata agora tiñan problemas ao acceder ou saír das naves debido á lonxitude dos camións e ao espazo da vía", afirmou Rubén Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde "a apertura da segunda fase do polígono fará que esta vía pase a acoller unha maior cantidade de tráfico, e desde a área de Mobilidade adiantámonos a esta situación habilitando unha vía de tamaño suficiente que garanta que a circulación sexa fluída".

0.22246503829956