Rueda asistiu á presentación da candidatura de Elena Candia en Lugo

LugoXa
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, participou no acto público de presentación da candidatura de Elena Candia.
presentacion candidatura elena candia lugo2
24 Abr 2023

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, participou este domingo no acto público de presentación da candidatura de Elena Candia, onde ademais dos compoñentes, tamén asistiron a número dous dos populares galegos, Paula Prado. A cita foi na Finca A Fortaleza do Torre de Núñez.

O equipo co que Elena Candia vai concorrer ás eleccións do vindeiro 28 de maio está formado por un grupo de lucenses con diferentes perfís profesionais. “Trátase dun equipo plural, onde atopamos técnicos (enxeñeiros, arquitectos), persoas con experiencia na xestión de fondos europeos (economistas), vinculadas ao sector médico, empresarios de servizos sociais, da docencia, sociólogos, do sector da hostalaría, xubilados, estudantes, así como outros vinculados ao movemento asociativo”, di a aspirante á alcaldía.

A candidatura da alcaldable popular representa "á sociedade lucense actual e ten un importante compoñente territorial, xa que incorpora a veciños de todos os barrios e parroquias do municipio para que en todo momento haxa un integrante do equipo de Candia próximo coa que a veciñanza poida interactuar, explican dende o PP.

RENOVACIÓN

A candidatura de Lugo é unha lista moi renovada: nos 13 primeiros postos hai 10 caras novas con respecto ao equipo do ano 2019.

O 95% da candidatura está vinculada ao partido, ben como afiliados, ou ben porque son cargos orgánicos. Ese é o caso dos 3 concelleiros que continuan no equipo (Antonio Ameijide, Javier Vázquez e Mar Carballas), aos que hai que sumar a incorporación dun veterano do partido con experiencia na vida municipal como é Enrique Rozas.

A media de idade dos integrantes é de 48 anos, con membros que van dos 21 aos 69 anos. Tamén hai que destacar que por primeira vez na historia dúas mulleres encabezan en Lugo unha candidatura electoral.

presentacion candidatura elena candia lugo1
0.10207605361938