Rueda valora os resultados de Candia nas eleccións municipais
A Xunta Directiva Provincial do PP mantivo unha reunión na sede provincial na que participaron o presidente do partido Alfonso Rueda, a secretaria xeral Paula Prado e a presidenta provincial, Elena Candia.
O presidente aproveitou para "dar as grazas polo magnifico resultado, Lugo foi a provincia con máis participación, con maior porcentaxe de apoio ao Partido popular, 30.000 votos de diferencia coa segunda forza máis votada e máis de 50.000 coa terceira" e considera que son uns "magníficos resultados con triunfos en varios concellos e noutros, como é o caso de Lugo cidade, cun magnifico resultado que nos quedamos a moi poucos votos para obter a maioria"
Rueda tamén quixo agradecer "aos meus compañeiros e compañeiras e cabezas de lista o traballo que fixeron que penso que foi un traballo espectacular e especialmente a quen os representa a todos, a presidenta provincial e candidata a alcaldía de Lugo" a quen so lle faltou "ese empuxón final para poder gobernar con maioria absoluta".
"É para estar moi orgulloso do resultado tanto en Lugo cidade como a nivel provincial en moitos concello" declarou Rueda que aproveitou tamén para pedir que "este empuxe que collemos e esta moral de vitoria se manteña na campaña que empeza nun par de semanas".