A Fonsagrada: Ruta Liñares de Bidul-Ponte de Villabol

LugoXa
Conoce la ruta de senderismo Liñares de Bidul-Ponte de Villabol en A Fonsagrada. Su duración es de 4 horas y el recorrido de 16,8 km.
ruta linares bidul8
14 Mar 2022

A ruta Liñares de Bidul-Ponte de Villabol conta con 16, 8 quilómetros sendo a súa dificultade media con desniveis. A duración dependerá do ritmo que leve cada persoa oscilando as catro horas. Esta ruta iniciase na aldea de Liñares de Bidul, continuando entre interesantes aldeas, bosques autóctonos, regatos para chegar ao camiño feito a man nos anos 30 e 40 que une a Fonsagrada con San Antolín de Ibias, e continuar xunto ao canal do Río Navia e os seus espectaculares paisaxes de áreas fluviais, antigos fornos e o camiño da República que leva ata a ponte de Villabol, onde finaliza. Esta ruta destaca pola boa sinalización e o fácil acceso.

Para chegar, dende Lugo tomarase a estrada LU-530 que leva A Fonsagrada, e dende aí collerase a estrada LU-701 ata Liñares de Bidul, onde da comezo a ruta, no interior da comarca de Terras de Burón que forma parte da Reserva da Biosfera e que ten un gran valor paisaxístico, cultural e patrimonial da que desfrutar durante o percorrido.

En Liñares de Bidul, collese o camiño que sae á esquerda en dirección este. Ao comezo, os pasos discorren por un bo camiño que atravesa o monte cara abaixo. Ao pouco o camiño convértese nunha ruta descendente de bastante pendente. Máis adiante, atópanse as ruínas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rocas e bosque autóctono. Continuarase por un camiño bastante esvaradío, que atravesa varios soutos e regatos pasando xunto aos restos de antigas corripas.

En cada paso, o camiño resulta máis fermoso, seguindo o regato do Navallo, encaixado no fondo do val, onde se atopa unha casa habitada temporalmente e que posúe unha fonte. Seguindo o camiño ata chegar á estrada, onde se collerá cara a esquerda ata a entrada da pista co indicador a Riodeporcos, pola que continuará o roteiro.

Deixando a ponte colgante de Riodeporcos á esquerda, seguirase a andaina de fronte, atopando o camiño da República (antigo camiño feito a man nos anos 30 e 40 que une A Fonsagrada e San Antolín de Ibias), que discorre pegado ao encoro de Grandas de Salime.

Continuando a canle do río Navia, cunha paisaxe fluvial de gran beleza e valor ecolóxico, chégase á Fábrica, lugar onde se fundía o mineral ata o ano 1875, e do que aínda hoxe se conserva a súa impoñente cheminea.

Na aldea abandonada da Fornaza atópanse os restos de antigos fornos de fundición de ferro e unha antiga capela.

Seguindo o camiño pegado ao río Lamas, chegarase á Ferrería de Vilar de Cuíña, que tivo actividade ata finais do século XIX. Despois de deixar este lugar, hoxe convertido en área recreativa, continuarase o camiño da República acompañados da beleza paisaxística da ribeira do río Lamas ata chegar á ponte de Villabol, onde finaliza a andaina.

0.19753980636597