Os Cinco Ríos do Corgo organiza unha charla da man do doutor Miguel Alvelo Iglesias

LugoXa
o encontro sobre saúde falarase sobre a hipertensión, ictus e signos de alarma, signos de infarto e enfermidades osteoarticulares
atencion-medico-pediatra
Imaxe de arquivo
26 Maio 2024

A asociación Os Cinco Ríos do Corgo organiza no municipio unha charla médica da man do doutor Miguel Alvelo Iglesias. No encontro sobre saúde falarase sobre a hipertensión, ictus e signos de alarma, signos de infarto e enfermidades osteoarticulares.

Os participantes tamén poderán formular as súas dúbidas. Será o vindeiro 1 de xuño no centro sociocultural do concello a partir das 12.00 horas.

0.15567398071289