Sabela Eiriz imparte un obradoiro creativo de fotografía o día 3

LugoXa
Os obradorios de procesos creativos promovidos na sede universitaria luguesa ao abeiro do Espazo de Fotografía da USC no marco da programación incluída no Outono Cultural, comezaron este mes cunha primeira sesión impartida por Alejandro Real e terán continuidade ao longo dos meses de novembro e decembro con catro novos talleres, a cargo de profesionais de recoñecido prestixio, tal e como son Sabela Eiriz, Tono Arias, Ariadna Silva e Adra Pallón.
espazo fotografia sabela eiriz portada
30 Out 2023

Os obradorios de procesos creativos promovidos na sede universitaria luguesa ao abeiro do Espazo de Fotografía da USC no marco da programación incluída no Outono Cultural, comezaron este mes cunha primeira sesión impartida por Alejandro Real e terán continuidade ao longo dos meses de novembro e decembro con catro novos talleres, a cargo de profesionais de recoñecido prestixio, tal e como son Sabela Eiriz, Tono Arias, Ariadna Silva e Adra Pallón.

A inscrición nestes obradoiros creativos de fotografía permanece aberta na Oficina da Área de Cultura do Campus de Lugo e pode formalizarse tamén a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. A matrícula en cada unha das sesións programadas custa 15 euros para a comunidade universitaria e 20, para o resto do público interesado.

Logo dunha primeira sesión creativa da man de Alejandro Real, as persoas interesadas ou afeccionadas á fotografía poden participar aínda no taller que impartirá Sabela Eiriz o 3 de novembro. Toño Arias, Adriadna Silva e e Adra Pallón, que impartirán cadansúa sesión os días 17 de novembro, 1 e 15 de decembro, completan o abano de profesionais que toman parte nesta nova proposta cultural.

espazo fotografia sabela eiriz
0.17142105102539