“Sabemos conxugar o trato próximo coa responsabilidade que se lles esixe”

LugoXa
José Manuel Rivas Bande, responsable da academia do mesmo nome da rúa Doutor Fleming de Lugo.
academia rivas portada
24 sep 2023

José Manuel Rivas Bande, responsable da academia do mesmo nome da rúa Doutor Fleming de Lugo.

Que é e como nace JMRivas Academia?

Comezamos a nosa andaina no 1986 dando clases de apoio a alumnado de Secundaria e Bacharelato e, máis tarde a alumnado universitario en numerosas materias. Foi no ano 2005 cando nos trasladamos á actual dirección da academia, na rúa Doutor Fleming 8 .

Que é o que máis valoran os alumnos? E os pais?

No noso centro respírase un ambiente familiar e de grupo. Sabemos conxugar o trato próximo cos alumnos sen renunciar á responsabilidade que se lles esixe. Cando é necesario facemos un asesoramento personalizado con pais e alumnos. Valoran especialmente a atención continua do profesorado e a aportación de material propio moi elaborado, dispoñible na nosa aula virtual as 24 horas. Os grupos específicos para cada grao, centro de ensinanza e nivel redundan en resultados excelentes que así reflicten os nosos alumnos nas probas.

Cal é o segredo para tantos anos de traballo?

Utilizar metodoloxía adecuada e individualizada para cada alumno, profesores especializados en cada materia, con experiencia e moita dedicación aos seus alumnos. Por moi bos resultados que acades nun ano, non podemos baixar as mans. Hai moito traballo diario para que tanto os contidos como o material propio noso sexan cada vez mellores. Para nós é un orgullo que os noso antigos alumnos confíen en nós para atender aos seus fillos.

Que servizos ofrecen?

✓ Ofrecemos unha gran variedade de servizos. Por unha parte as clases de apoio en ESO e Bacharelato. Resolvemos todas as dúbidas e practicamos con moitos exercicios adaptándonos o teu ritmo ofrecendo unha atención individual personalizada. O noso profesorado está especializado nos grupos e nas materias que imparten, contando cun material propio elaborado polo noso equipo (exercicios de exames, conceptos fundamentais, esquemas, resumos...). Facilitamos tamén o acceso a nosa aula virtual as 24 horas.

✓ Tamén facemos preparación intensiva da EBAU. Facemos un curso intensivo de EBAU durante as tres semanas previas, repasamos as nocións fundamentais e practicamos os exercicio tipo. Os alumnos fan todos os días un exame de cada materia con exercicios que aparecen na proba da ABAU para que se acostumen ao tipo de exame e á súa duración.

✓ Asesoramos tamén a pais e alumnos sobre diversos aspectos relativos o seu acceso a universidade. Notas de corte, trámites administrativos, tamén para maiores de 25 anos con atención personalizada e aportación do material necesario.

✓ Tamén axudamos coa proba de acceso a FP superior e medio.

✓ Nos estudos de Universidade, actualmente impartimos clases de apoio para diferentes graos. Da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría formamos en Robótica, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Civil. De Ciencias formamos en Bioquímica, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, e Nutrición Humana e Dietética

✓ Tamén preparamos oposicións de Educación Secundaria e Formación Profesional. Contamos con ampla experiencia e resultados moi satisfactorios en anteriores convocatorias na preparación de oposicións aos corpos de Profesores de Ensino Secundario (PES) e Profesores Técnicos de Formación Profesional (PTFP). Somos especialistas nas ramas de Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía e Electricidade. Tamén preparamos oposicións para mestres de Primaria. Temos temario propio e toda a lexislación resumida. De feito, dispoñemos de material específico baseado en casos prácticos de convocatorias anteriores.

Ofrecemos resolución de casos prácticos, elaboración da programación didáctica (corrección incluída), defensa da programación didáctica (ensaios individuais incluídos), exposición da unidade didáctica (ensaios individuais incluídos) e facemos simulacros de exame, sempre con grupos reducidos.

ACADEMIA RIVAS
0.1908278465271