Sachas confirma o seu liderato e gaña na xornada de billarda de Castropol

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O cambio de data fixo estragos na participación de moitos e notables palanadores que tiñan compromisos previos
billarda-castropol
25 Feb 2025

Por Daniel Rodríguez Saavedra

Despois de adiarla por mor do mal tempo, aínda que con vento racheado puidemos rematar a sétima xornada e poñernos ao día no calendario.

O cambio de data fixo estragos na participación de moitos e notables palanadores que tiñan compromisos previos; aínda con todo foi unha moi emocionante e competida xornada.

O Troita Brava Sachas comezou forte e só cedeu dous puntos nunha carreira, rematando con 23, Félix e José María (dous Billardeiros Musicais) seguírono de preto e con 21 puntos cada un ocuparon a segunda e terceira praza no podio.

En donas foi Cris de Castiñeiro Milenario a mellor, por diante de Pamela (Troitas Bravas) e de Milagros (Carabullo).

En infantís, Mateu (Madia Leva) non tivo atrancos para subir máis unha volta o podio. Por detrás del estiveron os Troitiñas Mateo e Martín.

En equipos, moi competida xornada e só por un punto (80 e 79) Billardeiros Musicais superaron a Troitas Bravas e xa algo máis lonxe Carabullo (66) foi terceiro.

Fixo a entrega de agasallos J. Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, que desta volta non puido participar xogando por mor dunha lesión.

As clasificacións quedan así:

Individual:

  • Sachas (Troitas Bravas) 189 p.
  • Charli (Carabulllo) 179 p.
  • Félix (Billardeiros Musicais) 167 p. .

Donas:

  • Alba (Troitas Bravas) 128 p.
  • Geni (Billardeiros Musicais) 93 p.
  • Aroa (Billardeiros Musicais) 85 p.

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 700 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 687 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 647 p.

Infantís

  • Mateu (Madia Leva) 143 p.
  • Diego (Madia Leva) 105 p.
  • Mateo (TroitaS Bravas) 92 P.

A liga regular retómase o sábado 8 de marzo en Bretoña e para facer boca o sábado 2 de marzo temos o Abertiño de San Rosendo en San Miguel de Reinante.

⚙ Configurar cookies
0.16830015182495