Sae unha nova edición do programa Aprol Rural para fomentar o emprego

LugoXa | AMariñaXa
A Xunta de Galicia dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e vén de resolver o programa Aprol Rural, que permitirá que 63 concellos da provincia de Lugo contraten a 101 persoas desempregadas.
O combinado galego fíxose coa undécima Copa Cantábrica de billarda.
9 Xuño 2020

A Xunta de Galicia dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e vén de resolver o programa Aprol Rural, que permitirá que 63 concellos da provincia de Lugo contraten a 101 persoas desempregadas.

Trátase dun programa promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do cal a administración autonómica asume a totalidade dos custes salariais dos novos contratos, que terán unha duración de 9 meses a tempo completo. Con este obxecto a Xunta mobiliza un investimento, só neste provincia, que supera os 1,3 millóns de euros.

Na presente convocatoria a totalidade dos concellos solicitantes reciben a axuda da Xunta que permitirá financiar estas contratacións que se formalizarán nas vindeiras semanas, a través do proceso de selección que realice cada municipio, mediante a presentación previa dunha oferta na oficina pública de emprego.

O programa Aprol Rural nace cunha dobre perspectiva: a de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras que nel participen, e a dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural.

De feito, as novas contratacións dirixiranse á realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios e co control das masas forestais nas denominadas faixas secundarias. A maior parte dos contratos teñen por obxecto a realización de tarefas de acondicionamento forestal, planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa.

Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa foron contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019

O programa tamén favorece aos concellos que forman parte da iniciativa de municipios emprendedores Doing business, un convenio dirixido a fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia. Aqueles que participan neste convenio recibirán, como mínimo,  axudas para efectuar dúas contratacións.

0.14707088470459