Saen a concurso público dous locais do mercado de Portomarín
O Concello de Portomarín convoca un procedemento aberto, de tramitación ordinaria, para o concurso público destinado á concesión dos locais número 1 e 10 do Mercado Municipal, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa.
O obxecto do contrato é o arrendamento destes locais conforme ás condicións establecidas no prego aprobado: o local número 1 conta cunha superficie de 56,32 metros cadrados e o local número 10 cunha superficie de 21,69 metros cadrados.
O tipo de licitación parte dun prezo inicial de 5,40 euros por metro cadrado, impostos incluídos, sendo mellorable á alza.
As ofertas deberán presentarse no prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Para obter máis información e documentación, os interesados poden dirixirse ás oficinas do Concello de Portomarín na Praza do Camiño s/n, contactar a través do teléfono 982 545 070, o fax 982 545 104 ou o correo electrónico obras@concellodeportomarin.es.