Salva Arco e Máximus acenderon o alumeado ornamental de Nadal de Lugo

LugoXa
O Alumeado de Nadal permanecerá ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18.00 a 00.30 horas durante a semana, e de 18.00 a 03.00 as fins de semana e vésperas de festivos
acendido-luces-Lugo
6 Dec 2024

Salva Arco e Máximus acenderon o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, dirixiuse a todas e todos os lucenses e animounos a desfrutar das festas e da cidade e das distintas actividades programadas para as festas nas rúas de Lugo. No acto estiveron presentes, ademais da concelleira de Cultura, o tenente alcalde, Rubén Arroxo, e integrantes de todas as forzas representadas na corporación.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18.00 a 00.30 horas durante a semana, e de 18.00 a 03.00 as fins de semana e vésperas de festivos.

Este ano, colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse máis de 100 farolas.

Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz.

Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces.

A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8x8 metros e a iluminación deste Nadal contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalas como photocall na praza Maior e terán 15.000 puntos de luz.

⚙ Configurar cookies
0.10570693016052