San Fiz de Paradela, no Corgo, prepara as súas festas

LugoXa
A romaría comeza con misa solemne, sesión vermú e verbena
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
31 Xul 2024

A parroquia de San Fiz de Paradela, no municipio lugués do Corgo, prepara un ano máis as súas festas para facer desfrutar a veciños e a asistentes neste mes de agosto. A romaría comeza este sábado 3 de agosto con misa solemne, á que seguirá unha sesión vermú amenizada polo conxunto Super Top.

O grupo tamén será o encargado de actuar na verbena pola noite. O domingo non haberá sesión de noite, pero a música non faltará na xornada. Deste xeito, celebrarán, ao igual que o sábado, unha misa seguida por unha sesión vermú ao mediodía. Os asistentes poderán gozar da actuación do Dúo Epo-K.

0.20337891578674