San Froilán 2022

LugoXa
Este 2002 volve un San Froilán cheo de actuacións, música e celebración despois de dous anos de pandemia. Falamos con algúns dos protagonistas
Cartaz San Froilán
2 Oct 2022

Este ano 2022 Lugo celebra un San Froilán sen restricións pola Covid-19, un ano no que os lucenses poderán gozar dos espectáculos, música, barracas e actividades sen medidas sanitarias, mascarrillas e limitacións de aforo.

A encargada de abrir as festas co pregón neste 2022 será Esther Eiros. A comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista, gañadora de dúas Antenas de Ouro e un Micrófono de Ouro, fose a encargada do pregón que terá lugar o día 4 ás 20.00 no balcón do Concello. Os Pelúdez entre nós, Xigantes e Cabezudos e a asociación Cantigas e Frores participarán dende ás 20.30 neste pregón que da comezo ás festas do San Froilán 2022.

A comisión aprobou tamén por unanimidade que Olga Novo sexa a oferente a Rosalía de Castro. A poeta lucense, que foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía no 2020, participará no acto que se celebrará o domingo das mozas ás 12.00 no parque de Rosalía de Castro.

Como novidade este ano o San Froilán volve a contar coas tradicionais casetas do polbo. Serán catro as casetas que estarán instaladas nas inmediacións do parque de Rosalía e que permanecerán abertas dende o 1 de outubro ata o 1 de novembro. Por acordo da comisión de festas os catro establecementos estarán obrigados a manter os prezos da ración de polbo a 12 euros, de cachelos e pan a 1,50 euros e de viño a 6 euros, tal e como estaban en 2016.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Margarida Mariño e Cántigas e Frores abrirán este ano o ciclo de concertos das festas patronais con unha actuación o 4 de outubro ás 21.00 na praza de Santa María. A noite continuará con varios concertos entre os que se atopan Seun Kuti & Egypt 80 que tocarán na praza da Mosqueira ás 22.30. A Duendeneta que actúan ás 00.30 na praza da Soidade serán os encargados de por o broche final a este primeiro día de festas.

Os concertos confirmados para o San Froilán contan con artistas recoñecidos a nivel nacional como Zahara ou Muchachito Bombo Inferno que actuarán ás 22.00 na praza Horta do Seminario os días 5 e 7 de outubro respectivamente. Joe Crepúsculo e Ariel Roth e Kiko Veneno son tamén dous pratos fortes dentro da programación de concertos, como o grupo Amparanoia que tocará en Lugo o día 9 dentro da súa xira do 30 aniversario.

Dentro destas actuacións, a non perder, tamén están os galegos Dakidarría, SonDeSeu e a banda lucense Arrhythmia que actuarán na praza da Mosqueira o luns día 10, nun escenario que forma parte por primeira vez do San Froilán tras a peonalización dese tramo da Ronda da Muralla.

As verbenas estarán presentes varios días neste San Froilán nos que se poderá bailar con orquestras como América que estará o xoves 6 ás 23.00 na praza Maior, Arizona que será a encargada de amenizar a noite de venres ou Cinema que estará na praza Maior o domingo das mozas. O luns días 10 que se celebra o días dos maiores haberá unha sesión de verbena ás 17.30 coa orquestra Stereo para que todo o mundo poda desfrutar dunha boa verbena.

Ó longo de todos os días de festas haberá tamén feiras e obradoiros. Dende a feira de antigüidades e coleccionismo que estará na rúa da Raiña durante varios días a XXIX Feira do Mel ou a Feira de Olería tradicional. Este San Froilán tamén garda espazo para o aprendizaxe e o sábado e domingo celébrase o San Froilán Tecedeiro, unha cita que xa se celebrou outros anos, onde a asociación Corazón Artesáns presenta unha actividade participativa de cestería que terá lugar no parque de Rosalía de Castro o longo de todo o día.

Os máis pequenos contarán un ano máis co San Froilán Miúdo onde haberá espectáculos de rúa para poder gozar en familia. Estará Pallaso Total de Duende Circo e volve o espectáculo itinerante de Campi Qui Pugui que o ano pasado revolucionaron as rúas lucenses cas falcatruadas das súas ratas xigantes. Tamén se poderán encontrar espectáculos de títeres con Mircromina Títeres ou unha exhibición de baile a cargo de Ritmo Lugo. As barracas estarán tamén presentes o longo de todas as festas para desfrute dos máis pequenos.

A normalidade volve ás festas do San Froilán despois de dous anos marcados polas limitación da pandemia. Un ano con unhas festas cheas de música, espectáculos e actividades onde volver a desfrutar do polbo nas casetas durante todo o mes de outubro.

san froilan 2021 barracas recinto feiral4
SANFROILAN 119
san froilan 2021
0.17221903800964