O campionato de carrilanas volve protagonizar as festas de San Lázaro

LugoXa
O barrio de San Lázaro celebrará as súas festas patronais a vindeira fin de semana con tres xornadas cheas de música e festa
descenso de carrilanas san lazaro lugo portada
3 Mar 2024

As festas do barrio de San Lázaro terán lugar a próxima fin de semana. A programación comezará o sábado 9 ás 12.00 horas con sesión vermú e degustación de pizza. Xa pola tarde, terá lugar o Campionato Galego de Carrilanas, cuxos premios se entregarán no campo da festa a partir das 21.00 horas. A verbena comezará ás 22.00 da man do Dj Sonic e da orquestra París de Noia que fará a presentación da súa nova xira. O domingo, a partir das 11.30 horas, poderase gozar do Mercado Primaveira e dunha exposición de Motos Clásicas e sesión vermú. Os máis pequenos poderán gozar de atraccións no campo da festa.

Dositeo Racamonde dará este ano o pregón, que terá lugar o 15 de marzo ás 21.30 horas. Nesta xornada tamén se poderá gozar dunha gran churrascada e da actuación do grupo musical La hora Bruja a partir das 23.00 horas. O sábado 16 de marzo organizarase a primeira Feira de Maquinaria agrícola e industrial A Ponte, á que seguirá unha sesión vermú ameniza polo grupo Alba.

Xa pola noite, actuará a orquestra Panama Band a partir das 22.30 e a partir das 23.30 celebrase unha Festa Reggaeton e Electrocalino antigo co Dj lucense Iván Fanego. Na última xornada, o domingo 17, haberá misa, sesión vermú e tardeo con Javi Show, atraccións no campo da festa e clausurarase a primeira Feira de Maquinaria agrícola e industrial A Ponte ás 19.00 horas co sorteo dun tractor infantil.

0.14549589157104