San Lorenzo de Aguiar celebra unha xuntanza este sábado
LugoXa | TerraChaXa
Haberá un xantar e xogos populares ademais da música do dúo Epo-K
Cartel do evento
5 Ago 2024
A parroquia de San Lorenzo de Aguiar, en Outeiro de Rei, celebra este sábado unha xuntanza.
O sábado ás 13.00 darán comezo as celebracións cunha misa solemne na honra a San Lourenzo para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Epo-K. Este mesmo grupo ocuparase da verbena ese meso día.
Está prevista un xantar popular ás 15.00 horas a base de entremeses, polbo, churrasco mixto, sobremesa, bebida e café a un prezo de 30 euros para socios e de 25 para non socios.
Este mesmo menú dá dereito a desfrutar duns pichos á hora da cea.
Ademais, pola tarde. haberá xogos populares para todas as idades. Os que desexen participar deberán inscribirse con antelación no 603 737 591 e no 686 381 039.