San Lourenzo de Pousada, en Baleira, celebra a Festa da Xuventude e a primeira ruta cabalar

San Lourenzo de Pousada, en Baleira, celebra a Festa da Xuventude os días 10 e 12 de maio. O programa comeza o venres con cea popular e verbena da man de Cinema e o DJ Adolfo Baliño. O programa continúa o domingo cando se organizará a primeira ruta cabalar a partir das 11.00 horas.
A partir das 14.00 horas haberá xantar popular con paella, churrasco, café e sobremesa e sesión tardeo con Adolfo Valiño. A comida ten un prezo de 30 euros e a cea de 28 euros. Os nenos ata 6 anos comen gratis e os menores de 12 anos pagarán a metade do prezo.