San Mamede do Carballal celebra as súas festas patronais a fin de semana

LugoXa
As entradas para o xantar do sábado deben reservarse hoxe como último día
festas-san-mamede-de-palas
30 Jul 2025

A parroquia de San Mamede do Carballal, en Palas de Rei, celebrará as tradicionais festas na honra ao seu patrón os días sábado 2 e domingo 3 de agosto de 2025. A programación inclúe actos relixiosos, música en directo e unha comida popular.

O sábado 2 de agosto, a misa solemne será ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú a cargo do grupo Dúo Stylo. A continuación terá lugar o xantar, cun menú composto por empanada, polbo, churrasco mixto, patacas, ensalada, tarta de Santiago, bebida e café. O prezo por persoa é de 35 euros, e 17,50 euros para menores de 10 anos. As entradas deben reservarse hoxe como último día a través dos teléfonos de Lucía (698 167 674), Vera M. (625 158 324) e Vera L. (617 798 656). Pola noite, a verbena tamén estará amenizada polo dúo Stylo. Durante a festa realizarase un sorteo dun cabrito.

O domingo 3 de agosto, a celebración continuará cunha nova misa ás 13:00 horas e unha sesión vermú. Ás 20:00 horas dará comezo a verbena a cargo da artista Nanny Romero, poñendo o broche final a esta fin de semana festiva.

⚙ Configurar cookies
0.17508912086487