San Mamede do Carballal, en Palas, está de festa esta fin de semana

San Mamede do Carballal, parroquia no concello lucense de Palas de Rei, celebra un ano máis as súsa festas que comezan esta fin de semana. O sábado arrranca a celebración pola mañá con misa solemne, seguida de sesión sesión vermú co trío Soprano. A formación tamén será a encargada de facer desfrutar aos asistentes na sesión da noite, na que terá lugar o sorteo dun cabrito. O programa continúa o domingo comezando de novo con misa solemne para dar paso a unha sesión vermú co dúo Reflejos. O dúo tamén volverá a amenizar a verbena pola noite a partir das 20.00 horas e tamén haberá un bingo ao longo da verbena.