San Mamede dos Anxos, en Lugo, presenta o programa para o seu San Xoán

LugoXa
Dende o colectivo decidiron celebrala compartindo boa comida, música e tradicións co mellor ambiente
fogata-hogueira-san-xoan-2
Imaxe de arquivo
6 Xuño 2024

A parroquia lucense de San Mamede dos Anxos celebra o San Xoán. Organizan o vindeiro 23 de xuño a partir das 21.00 horas no local social unha churrascada veciñal. Esta noite merece unha festa á altura, polo que dende o colectivo decidiron celebrala compartindo boa comida, música e tradicións co mellor ambiente. Os interesados deben confirmar asistencia antes do domingo 16 de xuño.

0.19087886810303