San Martiño de Ombreiro presenta o programa das súas festas

LugoXa
A romaría comeza o mércores ás 22.00 horas con churrascada popular e verbena da man da orquestra Supertop
festas-patronais
Foto recurso
28 Xul 2024

San Martiño de Ombreiro presenta o programa das súas festas na honra a San Roque, que celebrarán do 14 ao 16 de agosto. A romaría comeza o mércores ás 22.00 horas con churrascada popular e verbena da man da orquestra Supertop e ao longo da noite haberá varios sorteos.

O xoves 15 haberá pasacalles a partir das 11.30 horas co grupo d emúsica tradicional A Routada como parte do programa Tradigalu 2024 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A continuación haberá misa na capela de San Roque, procesión e sesión vemú co grupo Fusión Latina.

Pola tarde, a partir das 19.00 horas, a maxia será a protagonista coa actuación do mago David. Tamén haberá xogos populares e verbena co grupo Fusión Latina. O venres haberá misa solemne, procesión, sesión e vermú coa orquestra Venezia.

festas_san_martín_de_hombreiro_festas_2024
0.19616985321045