San Miguel de Bacurín, en Lugo, celebra as súas festas patronais
LugoXa
A vindeira fin de semana do sábado 23 e domingo 24, San Miguel de Bacurín, parroquia de Lugo, celebrará as súas festas na honra a San Miguel.
20 sep 2023
A vindeira fin de semana do sábado 23 e domingo 24, San Miguel de Bacurín, parroquia de Lugo, celebrará as súas festas na honra a San Miguel.
O sábado, a xornada dará comezo ás 13.30 horas coa misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Tapyoka que, ademais, será o que amenice a verbena da noite xunto ao Dj Jairo.
O domingo, o acto relixioso será á mesma hora, seguido dunha sesión vermú a cargo de Verónica Cambón como fin de festa.