San Miguel de Coence, en Palas de Rei, celebra as súas festas patronais

LugoXa
De 17.30 a 19.30 horas haberá colchonetas de balde para os nenos
festas-san-miguel-de-coence
20 sep 2024

A localidade palense de San Miguel de Coence celebra as súas festas patronais desde este sábado.

A celebración dará comezo coa misa solemne, ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Rubi, que actuará tamén na verbena xunto a David Expósito.

O domingo 22 volverá celebrarse misa á mesma hora e a sesión vermú estará a cargo de La Hora Bruja. Este mesmo dúo será o encargado de amenizar a sesión de tarde de fin de festa.

Ademais, de 17.30 a 19.30 horas haberá colchonetas de balde para os nenos grazas á colaboración de Aloumiño, centro pedagóxico.

0.19941902160645