San Miguel de Páramo, en Castroverde, celebra as festas do Carme

LugoXa
A celebración arranca con misa solemne, a partir das 13.30 horas, cantada polo grupo interparroquial de Castroverde
fogos-artificiais-festas-patronais
Imaxe de arquivo
8 Xul 2024

San Miguel de Páramo, en Castroverde, presenta o programa das súas festas na honra á Virxe do Carme. A celebración arranca o sábado 13 de xullo con misa solemne, a partir das 13.30 horas, cantada polo grupo interparroquial de Castroverde.

Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co Grupo Fénix, que tamén estará na verbena acompañado por Punto Clave. Ademais, a xornada tamén está pensada para os máis cativos, pois haberá inchables de balde para os pequenos e pquenas.

0.20189023017883