San Miguel de Pedrafita, no Corgo, prepara os seus primeiros Cantos de Taberna
San Miguel de Pedrafita, no Corgo, prepara o seu primeiro certame de Cantos de Taberna na honra da virxe das Virtudes. A cita terá lugar o vindeiro 11 de maio a partir das 17.30 no Campo da Festa. O canto, a música e o baile tradicional será os principais protagonistas desta cita que ten como principal obxectivo sacar a bailar ao maior número de xente posible.
Os grupos deberán estar formados por entre 4 e 15 persoas e contarán con 20 minutos. O repertorio estará formado por composición tradicionais e maiormente cantadas. Os membros da asociación de Pedrafita encargaranse de valorar individualmente os grupos para determinar os gañadores.
Os que queden en primeira posición recibirán 300 puntos, mentres que os segundos e terceiros clasificados faranse con 200 e 100, respectivamente. Os interesados en participar xa poden inscribirse a través do 698 175 347.