San Pedro de Soñar comeza cunha churrascada as festas patronais

LugoXa
A localidade de San Pedro de Soñar, en Lugo, celebra desde hoxe as festas na honra a San Pedro, que darán comezo cunha churrascada ás 22.00
san pedro sonar festas portada
29 Xuño 2023

A localidade de San Pedro de Soñar, en Lugo, celebra desde hoxe as festas na honra a San Pedro, que darán comezo cunha churrascada ás 22.00 horas amenizada polo dúo Eclipse.

Ademais, o sábado, haberá sesión musical en horario vermú e verbena, a cargo do grupo PK2 e pola noite tamén estará a orquestra Finisterre.

O domingo os actos festivos darán comezo coa misa solemente ás 13.30 horas. Despois a orquestra Galaxia fará dobre sesión para poñer o punto final ás festas.

san pedro sonar festas
0.10735988616943