San Román de Cervantes celebra a III Feira en defensa do gandeiro de montaña

LugoXa
San Román de Cervantes celebra o vindeiro 13 de maio a terceira edición da Feira en defensa do gandeiro de montaña
Feira Gando cervantes portada
9 Abr 2023

San Román de Cervantes acolle a terceira edición da Feira en defensa do gandeiro de montaña o vindeiro 13 de maio.

Esta terceira edición da feira chega despois de que no ano 2019 a asociación Territorio Verde recuperase este evento que non se celebraba dende o ano 1985. Tras dous anos de éxito este maio volve unha nova cita co gando na montaña lucense.

A xornada dará comezo ás 8.00 coa recepción do gando e a recollida de credenciais e ás 10.00 haberá unha votación do xurado según as diferentes categorías.

Ás 11.00 Os Xardois e Os Gaioleiros serán os primeiros encargados de por música a esta xornada para continuar as 12.00 coa subasta de novillas de Acruga e a entrega de premios ás 13.30.

Xa despois de comer será a quenda de Tania y su acordeón que actuará ás 16.30 e ás 19.00 haberá un sorteo de 500 puntos.

Ao longo do día haberá exposición e venda de gando, maquinaria agrícola e vehículos ademais de pulpeiros, comerciantes e música tradicional.

Feira Gando cervantes
0.18250203132629