San Xoán de Pena celebra as súas festas con churrascada, música e actividades

LugoXa
As celebracións comezarán o sábado 5 de xullo, a partir das 21:30 horas, cunha gran churrascada veciñal que dará paso á verbena co Trío Mar de Caión
Mar-de-Caión
29 Jun 2025

A parroquia de San Xoán de Pena de Lugo celebrará as súas tradicionais festas na honra a San Xoán e á Virxe do Carme os días 5 e 6 de xullo de 2025, cun completo programa para todos os públicos.

As celebracións comezarán o sábado 5 de xullo, a partir das 21:30 horas, cunha gran churrascada veciñal que dará paso á verbena co Trío Mar de Caión, que animará a noite con música en directo.

O domingo 6 de xullo, o día comezará cunha misa solemne ás 13:00 horas, cantada pola recoñecida Schola Gregoriana Lucensis, seguida dunha procesión tradicional. A continuación celebrarase o vermú coa Orquestra Fuego, que traerá o mellor ambiente musical á sesión matinal.

Xa pola tarde, ás 19:00 horas, haberá baile coa Charanga Ardores e xogos para nenos e nenas a cargo de Guachilandia, garantindo diversión para os máis pequenos. A festa culminará ás 23:00 horas cunha gran verbena coa Charanga Ardores e a Orquestra Fuego, poñendo o broche de ouro a unha fin de semana festiva.

O cartel tamén adianta unha xuntanza veciñal o 8 de novembro, con actuación de Verónica Cambón e DJ Patakiña.

⚙ Configurar cookies
0.18586492538452