San Xoán de Pena celebrará o 8 de novembro a súa Xuntanza Veciñal 2025

LugoXa
A cita incluirá sesión vermú, xantar, baile, cea e barra libre, cun programa que combina animación para nenos e actuacións musicais
Festa-Nadela-San-Xoán-de-Pena
1 Nov 2025

A parroquia lucense de San Xoán de Pena prepárase para celebrar o vindeiro 8 de novembro a súa Xuntanza Veciñal 2025, unha xornada festiva que reunirá música, comida e actividades para todas as idades.

O programa arrancará cunha sesión vermú amenizada pola artista Verónica Cambón, antes dun xantar que servirá como punto de encontro para a veciñanza e visitantes.

Pola tarde, a festa continuará con baile, de novo coa actuación de Cambón, xunto coa música da discoteca móbil Patakiña, mentres os máis pequenos poderán gozar de animación infantil a cargo de Guachilandia.

A celebración prolongarase ata a noite, cunha cea que dará paso á barra libre e a un novo baile, esta vez protagonizado polo DJ Patakiña.

⚙ Configurar cookies
0.2116391658783