San Xorxe de Augasantas celebrará as súas festas este mes

LugoXa
A parroquia de San Xorxe de Augasantas, en Palas de Rei, celebrará as súas festas a fin de semana do 21, 22 e 23 de abril
Augassantas potada
10 Abr 2023

A parroquia de San Xurxo de Augasantas, en Palas de Rei, celebra as súas festas os vindeiros 21, 22 e 23 de abril.

O venres 21 a música estará a cargo do Dj Expósito e a gran orquestra Paria de Noia.

A xornada do sábado dará comezo ás 13.30 cunha misa para continuar ca sesión vermú a cargo do dúo Explosión.

Xa pola noite a verbena contará coas actuacións do dúo Explosión e a orquestra Los Satélites e ademais haberá fogos artificiais.

O domingo haberá unha misa ás 13.30 e para finalizar as festas o grupo Féniz amenizará a sesión vermú e a verbena que dará comezo ás 20.00.

Augassantas
0.20972299575806