San Xorxe de Augasantas organiza o II Cocido Popular o 28 de febreiro

San Xorxe de Augasantas, en Palas de Rei, acollerá o vindeiro 28 de febreiro o II Cocido Popular, unha proposta gastronómica pensada para desfrutar dun dos pratos máis tradicionais nestas datas de inverno.
O evento dará comezo ás 21:30 horas e terá un prezo de 25 euros por persoa, mentres que os menores de 12 anos poderán asistir de balde.
A organización anima á veciñanza a participar nesta xornada, que non será só para comer, senón tamén para compartir festa e bo ambiente. A noite estará amenizada pola disco móbil Cravisho, que se encargará da música e da animación.
Con esta iniciativa, San Xorxe de Augasantas busca consolidar unha cita que combina gastronomía e convivencia nun ambiente festivo.