San Xorxe de Augasantas prepárase para un gran Entroido en Palas de Rei
LugoXa
A cita promete diversión para todos os asistentes, cun desfile de disfraces para os máis atrevidos

22 Feb 2025
A parroquia de San Xorxe de Augasantas, no concello de Palas de Rei, celebrará este sábado 22 de febreiro un Entroido por todo o alto.
A cita promete diversión para todos os asistentes, cun desfile de disfraces para os máis atrevidos e unha cea a base de cocido ás 22.00 horas.
Tras a cea, a festa continuará con música a cargo da discoteca móbil 'Era Visto', garantindo unha noite de celebración e ledicia para veciños e visitantes.