Sanción para dúas atraccións e catro postos de venta do San Froilán

LugoXa
O Concello sanciona dúas atraccións e e catro postos de venta situados no recinto feiral do San Froilán durante 24 horas
San Froilan 2022
12 Oct 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo procedeu a precintar dúas atraccións e catro postos de venta situados no recinto feiral do San Froilán. Trátase das atraccións El Ciclón e Rodeo Show, que foron precintadas durante 24 horas por subir os prezos da viaxe, e de catro dos postos de venta ubicados na contorna do recinto feiral, que ubicaron a súa mercadoría na vía pública en reiteradas ocasións. “Seguindo o previsto no prego de condicións do recinto feiral, decidimos sancionar a todos os postos que incumpliron a norma durante as festas”, explicou Maite Ferreiro.

Todos os postos infractores foron sancionados coa clausura da actividade durante 24 horas, sanción que cumpriron durante o día de onte.

O prego de condicións dos distintos postos do Recinto Feiral establece que todas as instalacións deberán poñer á vista do público os prezos que rexan no seu negocio. Os prezos non poderán sufrir alteración ningunha durante os días de duración das festas, sen previa autorización do Concello. Ademais, deberase mostrar o tempo de duración das atraccións, que non será nunca inferior aos dous minutos en marcha. A información deberá estar ubicada nun lugar visible, xunto coa correspondente autorización de instalación.

0.1655330657959