Sanidade limita as reunións en terrazas e reduce as restricións en Sarria

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O conselleiro de Sanidade presentou unha nova listaxe de medidas restritivas debido ao aumento imparable de contaxios.
terrazas bares hostalaria
14 Jul 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou unha nova listaxe de medidas restritivas debido ao aumento imparable de contaxios. Comeseña pediu  sentidiño" ante a crecente onda porque "estabamos non camiño da recuperación pero temos que facer unha paréntese".

Deste xeito, Comesaña anunciou que a partir deste venres se volve a limitar a 10 o número de persoas que se poden reunir en exteriores nos locais de hostalaría. Ademais, recoméndase que no ámbito privado se manteña tamén esta limitación de reunións, cun máximo de 6 en interiores e de 10, en exteriores.

Como segunda medida, esténdese a todos os concellos a obrigatoriedade de presentar un PCR ou un certificado de vacinación no lecer nocturno. Esta medida non entrará en vigor o vindeiro martes.

O comité clínico anunciou tamén que muda o sistema para establecer as restricións polo que, a partir de agora, axustaranse non só en función da incidencia acumulada e os contaxios, senón sobre todo tendo en conta a presión hospitalaria.

LISTAXE DE CONCELLOS

Por outra banda, aumentan os concellos en alerta no resto de Galicia, pero na provincia de Lugo só Sarria seguirá con restricións, aínda que con relaxión de medidas xa que pasa ao nivel de alerta media.

Así, en alerta alta quedan no resto de Galicia: Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcia de Arousa, Vilanova de Arousa e O Barco.

No nivel medio, xunto a Sarri estarán: Culleredo, Porto do Son, Ou Corballiño, Ribadavia, Salceda, Pontevedra, Redondela, Vigo Caldas de Reis, Boiro, Ribadavia, Sanxenxo e Poio.

0.1578061580658