Santa Comba está de festa esta fin de semana

LugoXa
A parroquia de Santa Comba en Lugo está a celebrar esta fin de semana as súas festas na honra a San Ramón e San Pedro e que deron comezo na noite do venres co dúo Dilema tras unha pinchada.
festas santa comba portada
26 Ago 2023

A parroquia de Santa Comba en Lugo está a celebrar esta fin de semana as súas festas na honra a San Ramón e San Pedro e que deron comezo na noite do venres co dúo Dilema tras unha pinchada.

Hoxe sábado, haberá un partido de fútbol no campo Tras do Novo para rematar coa orquestra La Travesía. O domingo haberá misa campestre ás 12.30 horas, á que seguirá unha sesión vermú co grupo Los Adrianos, que tamén fará a verbena xunto a Panamá.

O luns repetirase a misa campestre e será o grupo Alba o que se encargará da sesión vermú. Pecharán as festas cunha verbena a cargo da orquestra Gran Parada.

festas santa comba
0.10185503959656