Santa Eulalia de Mazoi celebra as súas patronais esta fin de semana
LugoXa
A comisión da parroquia lucense prepara un programa para que tanto veciños como asistentes gocen de boa música e ambiente
Veciños da parroquia
28 May 2024
En Santa Eulalia de Mazoi saben que as patronais mantéñense como unha das citas imprescindibles no noso calendario. A comisión da parroquia lucense prepara un programa para que tanto veciños como asistentes gocen de boa música e ambiente o 31 de maio e o 1 e o 2 de xuño.
O venres inauguran a cita cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas para logo desfrutar da actuación de Cinema e o Dj Adolfo Valiño. O programa do sábado comezará ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú con Escaparate, que amenizará tamén a festa á noite. Pecharán as patronais con misa, procesión e sesión vermú con Eclipse, o broche de ouro a tres días de xuntanza nos que a música, a gastronomía e as ganas de festa serán os grandes protagonistas.