Santa María Alta, en Lugo, dá comezo ás súas festas
LugoXa
A parroquia de Santa María Alta, en Lugo celebra as súas festas na honra á Natividade da Nosa Señora este mes de setembro

Foto recurso
6 Sep 2024

A parroquia de Santa María Alta, en Lugo celebra as súas festas na honra á Natividade da Nosa Señora este mes de setembro. A romaría comeza este venres día 6 cunha cea veciñal ás 22.00 horas, seguida dunha verbena amenizada por Los Españoles.
O programa continuará este sábado, xornada na que haberá misa solemne dende as 13.30 horas, sesión vermú e sesión de noite co trío Karma. O domingo pecharán a romaría con misa solemne a partir tamén das 13.30 horas e sesión vermú da man do trío Merengue.
