Santa María de Coeses acolle a primeira carreira de 'Correndo polo rural'

LugoXa
Santa María de Coeses acolle a primeira carreira de 'Correndo polo rural' que se celebrará o vindeiro 15 de abril
Carreira rural portada
4 Abr 2023

A I carreira popular Correndo polo rural busca achegar o deporte ao rural e ao mesmo tempo, dar visibilidade a beleza das parroquias desenvolvendo accións vinculadas á vida saudable.

Esta carreira celebraráse o vindeiro sábado, 15 de abril na parroquia de Santa María de Coeses.

Trasladar este tipo de ofertas lúdicas e deportivas ás zonas naturais da contorna de Lugo para facer oartícipes ás parroquias, e que a cidadanía goce tamén de todos os beneficios e servizos do rural.

Esta é a primeira carreira pero dende a organización queren que teña continuidade.

A carreira será unha proba pedestre semellante ao estilo das do circuíto Corre con Nós, na que se disputarán varias carreiras para as categorías menores e unha para a categoría absoluta. As probas desenvolveranse en percorridos circulares que partiran ao carón da Igrexa.

As inscricións, de balde para todos e todas aquelas persoas que se animen a participar, deberán realizarse a través da web , onde estará reflectida toda a información de horarios, percorridos e regulamentación relativa ás distintas distancias.

Os horarios de recollida de dorsais, categorías e distancias son de 15.00  a 16.45 será a recollida de dorsais para todos os inscritos no Local Social de Coeses a carón da saída. Ás 17.00 terá lugar a saída da Categoría Mini  (2016-2017-2018) cunha distancia de 400 metros.

Ás 17.10 será a quenda da Categoría sub 10 (2014-2015) sub 12 (2012-2013) que terán que percorrer unha distancia de 1.500 metros e ás 17.20 sairá a Categoría Sub 14 ( 2010-2011) sub 16 (2008-2009) cunha distancia de 2.100 metros. Para rematar ás 17.30 a Categoría Adultos terá que percorrer unha distancia de 5.600 metros.

Ao finalizar as probas terá lugar a cerimonia de entrega de trofeos e medallas para as categorías menores, absolutas e veteranas que, darán paso a unha merenda para todos e todas as participantes. Para máis información e realizar as inscricións está dispoñible esta web

Carreira rural
0.20365309715271