Santalices pronuncia o Pregón da Caridade de Cáritas Diocesana de Lugo

LugoXa
Resaltou a “dimensión extraordinaria” do traballo de Cáritas entre as persoas máis desfavorecidas da sociedade
santalices_caritas
Pregón da Caridade
29 May 2024

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, pronunciou o “Pregón da Caridade”, convocado por Cáritas Diocesana de Lugo coincidindo coa campaña organizada con motivo do Día da Caridade baixo o lema “Onde nos necesitas, abrimos camiño á esperanza”. No Pregón da Caridade, que este ano celebra o seu trinta aniversario, Santalices resaltou a “dimensión extraordinaria” do traballo de Cáritas entre as persoas máis desfavorecidas da sociedade.

“A pobreza, a enfermidade, a inmigración, a exclusión e tantas outras realidades dramáticas teñen diferentes facianas atendidas por Cáritas”, recordou Santalices. Puxo como exemplo as preto de 25.000 persoas atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo o ano pasado. O titular do lexislativo galego cualificou a Cáritas como a “faciana máis humana da Igrexa Católica, que goza do aprecio e do recoñecemento xeneralizado da sociedade”.

Lembrou que o Parlamento de Galicia outorgou en 2018 a medalla da institución ás Cáritas Diocesanas de Galicia, xunto a Aldeas Infantiles SOS Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Santalices Veira recordou que durante a súa etapa como director do hospital psiquiátrico de Toén contou coa colaboración de Cáritas en diferentes iniciativas, como un programa de integración da enfermos mentais, facilitando e xestionando vivendas de acollida para esas persoas; ou unha unidade de alcoholismo, impulsada desde o hospital coa colaboración de Cáritas e o pai Benigno Moure”, co que tantos temos tantas razóns para estarlle agradecidos”.

Santalices defendeu tamén a educación en valores, “especialmente na solidariedade e no respecto á diversidade”. Nesta liña, o presidente do Parlamento animou a desterrar os prexuízos fronte aos inmigrantes, “persoas como calquera de nós que aspiran, coma nós, a unha vida mellor para eles e para as súas familias, como ben saben en Cáritas, puntal indispensable para moitos deles na ardua tarefa de abrirse paso e comezar de novo”.

“Seis décadas despois de iniciar a súa actividade -concluíu Santalices-, Cáritas Diocesana de Lugo coñece ben esta e outras realidades, realidades cambiantes, pero sempre cos mesmos protagonistas: persoas empobrecidas, vulnerables, que non sempre queremos ou somos quen de ver; persoas coma calquera de nós ás que a man amorosa de Cáritas axuda e impulsa para acceder a un mundo mellor”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18670916557312