Santiago Ferragud presenta no Vello Cárcere a súa novela

LugoXa
O Vello Cárcere acolle este xoves, 4 de maio, ás 20.00 horas, a presentación do libro Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud.
SANTIAGO FERRAGUD PRESENTACION VELLO CARCERE PORTADA
3 May 2023

O Vello Cárcere acolle este xoves, 4 de maio, ás 20.00 horas, a presentación do libro Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud.

Estarán presentes no acto o propio autor e o escritor Xesús Trashorras Nogueira.

Pola súa condición industrial, Vigo tivo gran protagonismo na transición política cara á democracia, sobre todo a partir da folga de 1972. Pouco máis tarde, en 1975, un mozo vigués, Jose Humberto Baena, foi vítima dos últimos fusilamentos do franquismo e, días despois, outros vigueses participaron na formación de Grapo.

Todo chega desde ou mar conta os feitos históricos que deron forma á cidade, con especial atención aos sucesos do 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais e as nais daqueles folguistas, é dicir, a xeración de vigueses que en 1931 viron chegar a Segunda República, e o golpe militar de 1936, e a represión de republicanos na illa de San Simon.

Dúas historiadoras comparten o relato: Irene, contemporánea da folga de 1972, profesora, a piques de xubilarse; e Xoana, unha licenciada nova, recentemente chegada a Vigo.

SANTIAGO FERRAGUD PRESENTACION VELLO CARCERE
0.16761708259583