Sara Rodríguez presenta este martes 'Dicionario do Galego do Bierzo' en Lugo
LugoXa
Sara Rodríguez presenta este martes Dicionario do Galego do Bierzo a partir das 17.
19 Mar 2024
Sara Rodríguez presenta este martes Dicionario do Galego do Bierzo a partir das 17.30 horas na biblioteca da da Escola de Idiomas de Lugo. Os que se acheguen poderán gozar dunha degustación gratuíta de produtos tradicionais do Bierzo.
Ademais os alumnos Duarte Guerreiro e María Lara Bünz do CMUS Xoán Montes amenizarán a xornada coa interpretación da composición Sonata para violín e guitarra de Ángel Barja.