Segue a celebrarse o BeerFest en Portomarín, que se converte na capital da cervexa artesanal
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado no BeerFest de Portomarín. A cita, que converte estes días ao concello na capital da cervexa artesanal, conta cunha aportación económica da Deputación de Lugo de 2.500 euros.
Valorou García Porto que “este tipo de iniciativas encaixan á perfección co modelo de turismo que defendemos desde a institución provincial: un turismo de calidade, sostible, de experiencias e proximidade”.
Os visitantes poden catar as cervexas dun total de 11 firmas de toda Galicia, España e outros países como Grecia e Inglaterra. Entre as marcas de cervexa que contan con representación en Portomarín: Seven Island, Verdant, Beak, Alealé, Attik, Caleya, Espiga e Garage, Pyrene, Rec Brew e Sanfrutos.