Segue aberto o prazo para as escolas infantís da Xunta

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería de Política Social mantén aberto ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas 20 escolas infantís.
escola infantil
7 Abr 2021

A Consellería de Política Social mantén aberto ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas 20 escolas infantís públicas autonómicas da provincia de Lugo, que poñen á disposición das familias 1.121 prazas.

A  Xunta presta este servizo a través da Axencia Galega de Servizos Sociais e da rede Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Estes centros compleméntanse con outros recursos de conciliación, como as casas niño, cada vez máis demandadas nas zonas rurais. Na provincia de Lugo funcionan actualmente 19.

En canto á distribución das prazas das escolas infantís por concellos, ofértanse 310 en Lugo, 161 en Burela, 114 en Foz, 99 en Ribadeo, 74 en Vilalba, 61 en Mondoñedo e Chantada, 41 en Viveiro e O Valadouro, 39 en Meira, e 20 en Alfoz, A Fonsagrada, Antas de Ulla, Pantón, Quiroga e Taboada.

O vindeiro curso será o segundo completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís da Xunta e tamén nas privadas, municipais e de iniciativa social.

listado escolas xunta
0.17676591873169