Segue en marcha a 33ª edición da Operación Quilo na Milagrosa

LugoXa
"Animamos a todo o mundo que queira colaborar, que acuda a calquera punto que temos establecido a entregar a súa doazón", explican desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa
encontro-vecinos-milagrosa-operacion-kilo
22 Dec 2024

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa ten en marcha a 33ª edición da Operación Quilo 2024.

Voluntarios da Asociación xa están a informar nas caixas dos supermercados da zona da Milagrosa en que consiste esta iniciativa e durante o día de hoxe, ás 10.30 horas, terá lugar a típica caravana de coches desde a Praza Agro do Rolo, que percorrerá todas as rúas do Barrio solicitando donativos de alimentos, roupa e xoguetes.

Por outra banda, o luns, 23 de decembro, ás 12.00 horas, nas instalacións da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, recibirán a visita de representantes do Goberno Municipal para informar de todo o recolleito na campaña.

As entregas tanto de alimentos como de roupa realizaranse a partir do xoves 26 de decembro ás case 300 familias que o solicitaron este ano, as cales se lles entregará unha bolsa de máis de 14 kg de alimentos básicos.

A repartición de xoguetes iniciarase o xoves 2 de xaneiro de 2025, e destacan que nesta campaña de xoguetes contamos coa colaboración do Colexio Galén e do Centro Comercial As Termas.

"Animamos a todo o mundo que queira colaborar, que acuda a calquera punto que temos establecido a entregar a súa doazón", explican.

0.17183899879456